De fotógrafo pola Coruña
A imaxe e a palabra fundidas na mente do observador
lunes, 19 de septiembre de 2011
Esforzo solitario
Cada atleta ten a súa cadencia, un ritmo intransferible e tan característico como una pegada dixital... estirpe de loitadoras... Un intre único...”ate o camiño máis longo comeza por un so paso”, ao fin, concentración nas propias sensacións, illado de todo o accesorio
Etiquetas:
Gran Premio de Marcha A Coruña
miércoles, 30 de marzo de 2011
Anacronismos xustificados
Contan as crónicas da época que nunha ocasión de volta á casa, no Quirinal, logo dunha noite de excesos, acompañada con viño de Amandi e pan de Cea levados desde a Gallaecia ate Roma a través das calzadas romanas, Plutarco foi preguntado por unha moza toscana sobre como lle gustaría morrer.
–“Dun ataque de pracer –contestou– diante dun prato de polbo de Caión, percebes de Cariño e uns canutiños de crema feitos polas mans brancas e inocentes das Clarisas, onde moitas se metían a monxas escapando dos infortunios.
–“Dun ataque de pracer –contestou– diante dun prato de polbo de Caión, percebes de Cariño e uns canutiños de crema feitos polas mans brancas e inocentes das Clarisas, onde moitas se metían a monxas escapando dos infortunios.
Etiquetas:
anacronismo hedonismo xustificado
lunes, 21 de marzo de 2011
Baixar a garda
Unha décima de segundo de inacción é dabondo para que o contrario tome o mando. Na vida, como no deporte de competición, tan pedagóxico para estes cativos dignos de admiración, cumpre unha actitude pro-activa. O entorno é tan cambiante que só os máis fortes e preparados son quen de afrontar os cambios.
Etiquetas:
actitudes vitais,
competitividade,
crecemento persoal,
entorno cambiante
sábado, 12 de marzo de 2011
O home bala
En Mera asistimos hoxe a grandes prodixios. Corte de xamón, viúvas desconsoladas, A garda pretoriana de Berlusconi, operacións cirúrxicas a ceo aberto... e o home bala, desafiando mesmo a lei da gravidade. Ao remate, soterramos un cocho, pois coa Coresma ábrese un período de abstención de comer carne... que ninguén vai cumprir.
Etiquetas:
Entroido
SOLPOR EN CANABAL
Cando un chega a Canabal rompe o fío cos problemas cotiáns e abandonase nos brazos da nai natureza. Trátase dunha terapia que se completa co exercicio tamén natural de tomar conciencia da propia respiración, compartir un anaco de lecer en boa compañía e saír reforzado para relativizar aquilo aparentemente tan importante portas afora e que non o era tanto.
Etiquetas:
Escola de tenis e padel Canabal,
illa de Monte Meán,
Mera,
solpor
martes, 8 de marzo de 2011
O triunfo da luz...
... sobre as tebras, de don Carnal sobre dona Coresma... xefes por un día, o encanto do prohibido pero inocuo, a transmutación, o cambio de roles... e o lacón con grelos, coa súa cachola, chourizos de Riotorto afumados en Moruxo, touciño e freba, xarrete e faldra... sopa, filloas e orellas, todo regado con mencía. Un día e un día e un peso gastouse!
Etiquetas:
carnestolendas,
Entroido,
hedonismo,
triunfo da luz
domingo, 6 de marzo de 2011
Robin e Batman contra o crime
A Coruña permaneceu a salvo das forzas do mal o Sábado de entroido por mor da presenza tranquilizadora e formidable nas súas rúas dos heroes Robin, Batman e unha morea de batmanciños e batmanciñas que repartiron sorrisos para os máis cativos, sorprendidos diante do clima onírico ao que nos transportou a imaxinación de moitos galegos remontando moitos deles sequera por unhas horas problemas os problemas económicos, familiares e sociais que a crise económica está a levar a tantos fogares.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






